Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.398

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos e excluídos no concurso 2/2002 para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 19 de xuño de 2002.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado pola Orde de 19 de xuño de 2002 (DOG nº 119, do 21 de xuño) esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 2/2002 para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Ámbalas dúas relacións atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo

da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Os solicitantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para formular, se é o caso, as alegacións pertinentes.

Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para o obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública