Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.398

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, pola que se ordena a publicación dos acordos adoptados na sesión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2002, relativos a deixar sen efecto a publicación das puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición e proceder a dar publicidade ás puntuacións definitivas, facendo pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2002 polo tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de enxeñeiros de minas convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001,

ACORDOU:

Primeiro.-Deixar sen efecto a Resolución de 23 de xullo de 2002 pola que se procedeu á publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes representados ó ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, no primeiro exercicio da fase de oposición na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, no servicio

de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e na Escola Galega de Administración Pública.

Segundo.-Proceder á publicación definitiva das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ó ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, no primeiro exercicio da fase de oposición na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e na Escola Galega de Administración Pública, unha vez resoltas a totalidade das reclamacións presentadas.

Terceiro.-De conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en corenta (40) o número de respostas correctas esixidas para acada-la dita puntuación, unha vez feitas as deduccións previstas na mencionada base.

Cuarto.-O segundo exercicio da fase de oposición para o ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 realizarase o día 4 de outubro, na aula número 6 da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, nº 2-4, de Santiago de Compostela, comenzando este ás 9 horas; o chamamento comenzará ás 8.45 horas no lugar indicado.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Presidente do tribunal