Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.398

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2002, relativo á anulación de tres preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2002 polo tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia grupo A, escala de enxeñeiros de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordouse:

Anula-las preguntas número 88, 99 e 100 do cuestionario do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición por ser inexacta a formulación destas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Presidente do tribunal