Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.397

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de setembro de 2002 pola que se modifica a do 10 de decembro de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 24 de decembro) nomeáronse os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na base III.3 das ordes da Consellería da Presidencia e Administra

ción Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) polas que se convocaron os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, renunciaron ós seus nomeamentos José Antonio Barreiro Rodríguez e Mª Teresa Lombera Moret vocais representantes dos traballadores nos tribunais IV-F e V-D.

De acordo co anterior, e dando cumprimento á base III.4 das citadas ordes do 30 de xullo de 2001,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear vocais titulares dos tribunais IV-F e V-D en representación dos traballadores a José Manuel Maside Novoa en substitución de José Antonio Barreiro Rodríguez e a Rosario Valledor Puente en substitución de Mª Teresa Lombera Moret.

Segundo.-Nomear vocal suplente de Rosario Valledor Puente do tribunal IV-F e V-D en representación dos traballadores a Manuel Pena Santar.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública