Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.399

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso L-01/2002 convocado pola Orde do 18 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 119, do 21 de xuño).

Convocado o concurso L-01/2002 para a provisión de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia que foi publicado no DOG nº 119 do 21 de xuño de 2002, e de conformidade co establecido na base 7ª da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións provisionais dos solicitantes admitidos e excluídos do concurso L-01/2002. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e na Dirección Xeral da Función Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo.

Segundo.-Os aspirantes excluídos disporán, de conformidade co disposto na base 7ª da convocatoria dun prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para emendar, de se-lo caso, os defectos que motivaron a súa exclusión. As emendas ou alegacións deberán realizarse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os solicitantes que dentro do prazo sinalado no punto anterior non emenden os defectos que motivaron a exclusión serán definitivamente excluídos. Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos e/ou excluídos disporán do mesmo prazo sina

lado no punto segundo da presente resolución para presenta-lo escrito e/ou documentos xustificativos que consideren oportunos.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA