Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

INFORMACIÓN pública de bens e dereitos para expropiación forzosa e do proxecto.

En cumprimento do acordado polo Pleno deste concello, en sesión do día 24 de xullo de 2002, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propiedades afectadas pola obra proxecto de emisario de augas pluviais e residuais da actuación industrial Morelle, de maio-2001 e modificado de marzo-2002, para que dentro dun prazo de quince

días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto, os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren pertinentes en canto ós bens e dereitos que se afectan.

Para a construcción das obras do proxecto a que se fixo referencia, necesítase establece-la servidume de acueducto en dous treitos diferentes do emisario de augas pluviais, un ó comezo e outro ó final do itinerario.

A relación de predios e propietarios afectados é a seguinte:

Predio nº PropietarioPolígonoParcela CultivoLonxitudeSup. afectadaValoración

1José Pérez Folgueiras10931-aLabradío10 m

30 m

30 m

45 m

180,3 A

270,46 A

2Gloria Vázquez García10932Labradío30 m45 m270,46 A

3María Dolores Díaz Vázquez10933Labradío18 m54 m324,55 A

4José Chaos López101.015-aChopos211 m422 m2.536,27 A

A maiores deben abonarse as árbores e colleitas que puideran existir no momento da ocupación, e que se estiman en:

32 chopos a 15,03 euros/un= 480,81 A.

Colleitas de labradío= 240,40 A.

Así mesmo, exponse ó público polo prazo de vinte días hábiles o proxecto de emisario de augas pluviais e residuais da actuación industrial Morelle de maio-2001 e modificado de marzo-2002, o cal foi aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 24 de xullo de 2002, prazo durante o que poderá ser examinado o expediente e formular por escrito as alegacións que se estimen oportunas.

De non producirse reclamacións consideraranse aprobados definitivamente os proxectos e a relación de bens e dereitos de necesaria ocupación.

Sarria, 1 de agosto de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde