Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.380

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data do 14 de novembro de 2001, a Secretaría do Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do proxecto de melloras da rede ferroviaria galega. Variante de Canabal.

En virtude da aprobación técnica do estudio informativo e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo por un período de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio nos boletíns oficiais pertinentes, para ser examinado polas persoas que o desexen, as cales poderán formular observacións que deberán versar sobre as circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral das obras, sobre a concepción global do seu trazado e sobre a avaliación do impacto ambiental.

A información pública éo tamén para os efectos medioambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986, de avaliación de impacto ambiental e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo do proxecto estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, na Área de Fomento da Delegación do Goberno en Galicia (avenida da Mariña, número 23, A Coruña), na subdelegación do Goberno en Lugo (rúa Armañá, número 10, Lugo), no Concello de Sober (praza do Concello, s/n) e na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza do Sagrados Corazóns, número 7, planta baixa, Madrid).

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias, praza dos Sagrados Corazóns, 7, 28071 Madrid, indicando como referencia Información Pública e Oficial. Variante de Canabal.

Madrid, 8 de xullo de 2002.

Manuel Niño González

Director xeral de Ferrocarrís