Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 179, de data do seis de agosto de 2002, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, mediante promoción interna, dunha praza de administrativo, con nivel de titulación de bacharelato, FP II ou equivalente, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego para o presente exercicio 2002.

O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte na convocatoria será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

San Sadurniño, 26 de agosto de 2002.

Constantino Bedoya Vázquez

Alcalde