Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Salvaterra de Miño, relativa á reclasificación de solo como urbano industrial en Chan da Ponte.

O Pleno do Concello de Salvaterra de Miño, en sesión que tivo lugar o día 29 de agosto de 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Desestima-las alegacións formuladas.

2. Aprobar definitivamente a modificación puntual nas normas subsidiarias de planeamento do Concello de Salvaterra de Miño, relativa á reclasificación de solo como urbano industrial en Chan da Ponte, de acordo co informe favorable emitido para o efecto pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

4. Publica-las normas e ordenanzas recollidas na citada modificación no BOP de Pontevedra.

5. Comunica-lo presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado a esta de copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares, tamén completos, do instrumento urbanístico aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición, diante do Pleno da Corporación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, que se computará de acordo co disposto no artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da presente publicación, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ámbolos dous recursos non poderán simultanearse.

c) Calquera outro recurso que se estime oportuno.

Salvaterra de Miño, 30 de agosto de 2002.

Arturo Grandal Vaqueiro

Alcalde