Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de xullo de 2002, aprobou a contratación por concurso, en procedemento aberto, de forma urxente, da obra de urbanización de parque público (antigo cemiterio), pola contía de 901.519,00 euros (IVE incluído), facendo constar igualmente na oferta a obra de mellora que se vai realizar conforme as bases técnicas que se xuntan como anexo ó prego de condicións.

Presentación de proposiciones: na secretaría do Concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Clasificación do contratista: grupo K, categoría D.

Apertura de proposicións: na Casa do Concello ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría do Concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 23 de xullo de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde