Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio G.O.C., S.A. con domicilio no Polígono do Tambre. C/B-66. Cidade do Transporte. 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construcción e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a dirección xeral

RESOLVEU:

Cancelar por cambio de domicilio a inscrición no rexistro a acreditación de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a G.O.C., S.A. con domicilio en rúa do Cubelo, nº 63, Santiago de Compostela (A Coruña), e concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a G.O.C, S.A. con domicilio no Polígono do Tambre. C/B-66. Cidade do Transporte. 15890-Santiago de Compostela (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF Área de Control de formigón fresco co número 15061HF02.

Este laboratorio e a súa acreditación considerase dependente do laboratorio G.O.C., S.A. inscrito co número 15052HA02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo