Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de diverso material de imprenta.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S/256-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material de imprenta.

b) Número de unidades que se van entregar: ver anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: ver letra c) do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: máximo de 72 horas, contados desde cada petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento cincuenta e oito mil sesenta e dous con cincuenta euros (158.062,50 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 y telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde a finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a seiscentos euros (600 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria no que poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2002.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde