Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 21 de agosto de 2002 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador relacionado no anexo e de referencia DH.D27.03293.

Por medio do presente edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente as infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fernández Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 21 de agosto de 2002.

Luis Villarroya Lozano

Instructor

ANEXO

-Expediente: DH.D27.03293.-Persoa interesada: Manuel Villalba Tarrón e Concepción Bargo Otero.-Domicilio que consta no expediente: O Machuco-San Xurxo de Lourenzá, 27751 Lourenzá.-Acto administrativo: proposta de resolución con data do 12-8-2002.-Preceptos infrinxidos: artigo 315 c) do Regulamento do dominio público hidráulico.-Sanción proposta: 1.803,036 A.