Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da asistencia técnica para a redacción do proxecto constructivo de actualización da segunda fase do saneamento integral de Gondomar.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.336.521/AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a redacción do proxecto constructivo de actualización da segunda fase do saneamento integral de Gondomar.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): doce (12).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos setenta e cinco mil euros (275.000).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 27 de setembro de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño). A solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19 b), da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 27 de setembro de 2002, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 11 de outubro de 2002.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 4 de outubro de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente de Augas de Galicia