Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se fai pública a adxudicación dunha subministración para o equipamento de comedor, almacén de cociña e xeral, residencia de bolseiros e lavandería do centro de educación especial Santiago Apóstolo, das Xubias. (Expediente C 8/2002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: equipamento do comedor, almacén de cociña e xeral, residencia de bolseiros e lavandería do centro de educación especial Santiago Apóstol, das Xubias.

3. Tramitación, procedemento e forma da adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 205.514,56 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 10 de xuño de 2002.

b) Contratistas. Lote 1: electrodomésticos, Chevika Profesional, S.L., e lote 2: mobiliario e complementos, Ekipo, S. Coop. Ltda.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación. Lote 1: 91.549,28 euros (IVE incluído) e lote 2: 86.963,55 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais