Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 8 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador S-P-19/02, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a incoación do expediente sancionador S-P-19/02 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que a seguir se relaciona.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días hábiles desde a publicación desta cédula para alegar perante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o que consideren conveniente para a defensa dos seus intereses, achegando ou propondo as probas que estimen oportunas, e poderán retirar copia do acordo de incoación do presente procedemento na Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2002.

Roberto Pena Puentes

Instructor do procedemento

(Xefe de Servicio de Vixilancia e Inspección

do Patrimonio Cultural)

ANEXO

Nº de expediente: S-P-19/02.

Interesado: Joaquín Álvarez Martínez.

Enderezo: Fontenla, 53, Goián (Tomiño).

Asunto: movementos de terras non autorizados no contorno de protección do xacigo arqueolóxico da Atalaia, Goián.

Precepto infrinxido: artigo 90 g) da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.