De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a incoación do expediente sancionador S-P-08/02 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que a seguir se relaciona.
Os interesados dispoñen dun prazo de quince días hábiles desde a publicación desta cédula para alegar perante a Consellería de Cultura, Comunicación Social y Turismo o que consideren conveniente para a defensa dos seus intereses, achegando ou propondo as probas que estimen oportunas, e poderán retirar copia do acordo de incoación do presente procedemento na Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social y Turismo en Pontevedra.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2002.
Roberto Pena Puentes
Instructor do procedemento
(Xefe de Servicio de Vixilancia e Inspección
do Patrimonio Cultural)
ANEXO
Nº de expediente: S-P-08/02.
Interesada: Elisa Elvira López González.
Enderezo: rúa Ponte Novo, nº 19, Sabarís-Baiona.
Asunto: realización de obras no inmoble situado no nº 13, da rúa Ventura Misa da Vila de Baiona (declarada conxunto histórico artístico polo Decreto 48/1993, do 25 de febreiro), carecendo da previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Precepto infrinxido: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.