Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.356

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (83/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 83/2002 por instancia de Ana Isabel López Corral, María Dolores Germade Rodríguez, Manuela Cordero Ramos, Josefa Fernández Nogueira e Inés Fernández Diéguez contra a empresa Belán Téxtil, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia, en data que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Ana Isabel López Corral, María Dolores Germade Rodríguez, Manuela Cordero Ramos, Josefa Fernández Nogueira e Inés Fernández Diéguez contra a empresa Belán Téxtil, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe a Ana Isabel López Corral, 1.803,94 euros (300.150 pesetas), María Dolores Germade Rodríguez 1.803,94 euros (300.150 pesetas), Manuela Cordero Ramos 660,26 euros (109.858 pesetas), Josefa Fernández Nogueira 1.352,96 euros (225.113 pesetas) e Inés Fernández Diéguez 1.132,91 euros (188.500 pesetas) polos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de establecelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisitos este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría

ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa, expido e asino a presente cédula na Coruña, 15 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado