Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 23 de agosto de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente en Galicia e se convocan para o 2002.

A orientación das explotacións agrarias en períodos anteriores camiñou na procura de altos rendementos. Esta circunstancia permitiu satisfacer en gran medida a demanda de alimentos para unha poboación en continua expansión.

Pero ó mesmo tempo, esa intensificación da agricultura e gandería trouxo consigo que as zonas economicamente máis favorecidas aumentasen a deterioración dos recursos naturais e que nas zonas rurais máis atrasadas, desde o punto de vista do seu desenvolvemento rural, se incrementase o abandono da actividade agraria co conseguinte abandono do patrimonio natural.

Para paliar esta tendencia, o Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, de 17 de maio, sobre axudas ó desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA), establece no seu capítulo VI, título II, e nos seus artigos 22 ó 24, un réxime de axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente, orientando, polo tanto, as explotacións agrarias cara a unha agricultura sustentable e multifuncional que pretende compatibiliza-la conservación dos recursos naturais e a protección do ambiente coa producción de cantidades suficientes de alimentos de calidade contrastada para garanti-lo benestar das xeracións futuras. No marco da dita regulamentación comunitaria, mediante Decisión C(2000) 3549, do 24 de novembro, a Comisión Europea aprobou o programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento en España e a súa aplicación estableceuse, para as medidas agroambientais, mediante o Real decreto 4/2001, do 12 de xaneiro,

polo que se establece un réxime de axudas á utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente.

Pola súa parte, as disposicions de aplicación do Regulamento 1257/1999 prevense no Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión, do 26 de febreiro e, con base nel, presentouse a modificación do programa, aprobado mediante a Decisión C (2001) 4739, do 20 de decembro, e aplicado, no ámbito estatal, por medio do Real decreto 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias do programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da política agraria común.

Con base no anterior, a presente orde establece, de conformidade co previsto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente, precisando aquelas medidas específicas para Galicia encamiñadas a corrixi-los problemas de carácter agroambiental cos que se enfrontan as explotacións agrarias e o territorio agrícola que lles afecta contribuíndo á conservación do medio rural e á diversificación da producción agraria.

De acordo co Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, correspóndelle á Dirección Xeral de

Producción e Sanidade Agropecuaria a función de autorización do pagamento das axudas previstas na presente orde, tendo a consideración do organismo de dirección do organismo pagador conforme o Decreto 359/1996, do 13 de setembro, polo que se constitúe o organismo pagador dos gastos relacionados coa política agraria común, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Solicitudes de axuda, condicións e requisitos

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. A presente orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente e convoca-las axudas para o ano 2002. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións agroambientais que se describen a seguir e que están comprendidas nas tres medidas seguintes:

1. Técnicas ambientais de racionalización no uso de productos químicos:

a) Control integrado de tratamentos fitopatolóxicos (sección primeira).

b) Producción integrada (sección segunda).

c) Agricultura ecolóxica (sección terceira).

2. Xestión integrada das explotacións:

a) Mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos (sección cuarta).

b) Reducción dos efectivos de gando bovina, ovina e caprina (sección quinta).

c) Mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción (sección sexta).

d) Gandería ecolóxica (sección sétima).

e) Xestión racional de sistemas de pastoreo para a protección de flora e fauna (sección oitava).

3. Protección da paisaxe e prácticas de prevención contra incendios.

a) Compatibilización dos sistemas de pastoreo tradicionais no contorno do lobo (sección novena).

2. Estas axudas serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Definicións comúns.

Para os efectos da presente orde, entenderase por:

a) Titular da explotación: a persoa de dereito público ou privado, física ou xurídica, ou a agrupación de productores que exerce a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación

con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivarse da xestión da explotación. Inclúe, así mesmo, aquelas entidades públicas de montes de utilización comunal que teñen organizado o seu aproveitamento en común mediante ordenanza de pastos ou regulamento de utilización.

b) Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fins de mercado, e que constitúe en si mesma unha unidade técnico económica. Así mesmo, consideraranse como explotación agraria os aproveitamentos en común mediante ordenanza de pastos ou regulamentación de utilización xestionados por entidades públicas.

c) Parcela agrícola: a superficie continua de terreno na que un único titular de explotación realice un único tipo de cultivo ou aproveitamento.

d) Actividade agraria: o conxunto de traballos que se requiren para a obtención de productos agrícolas, gandeiros e forestais.

e) Boas prácticas agrarias: aquelas que aplica un agricultor responsable na súa explotación e que inclúen o cumprimento dos requisitos ambientais obrigatorios, así como as que veñen recollidas expresamente no anexo I da presente orde.

f) Carga gandeira: o número de unidades de gando maior (UGM) que soporta por termo medio anualmente unha hectárea de superficie agraria da explotación con aproveitamento gandeiro. A carga gandeira definirase tendo en conta todo o gando de pasto da explotación. A unidade de medida será a de gando maior segundo a seguinte táboa de conversión:

* Touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e équidos de máis de seis meses: 1.0 UGM.

* Animais da especie bovina de seis meses a dous anos: 0.6 UGM.

* Ovellas e cabras: 0.15 UGM.

* 200 galiñas: 1 UGM.

* Gando porcino:

-Porca en ciclo cerrado*: 0.96 UGM.

-Porca con leitóns ata destete (0-6 kg): 0.25 UGM

-Porca con leitóns de ata 20 kg: 0.30 UGM.

-Porca de reposición: 0.14 UGM.

-Leitóns de 6-20 kg: 0.02 UGM.

-Porco de 20 a 50 kg: 0.10 UGM.

-Porco de 50 a 100 kg: 0.14 UGM.

-Porco de ceba de 20 a 100 kg: 0.12 UGM.

-Castizo: 0.30 UGM.

* Inclue a nai e a súa descendencia ata o final da ceba.

As cargas gandeiras non recollidas neste punto adaptaranse ó establecido nas normas técnicas que estean contempladas na regulamentación técnica específica que sexa de aplicación.

g) Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña, alomenos, o 50 por 100 da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte da renda procedente directamente da actividade agraria realizada na súa explotación non sexa inferior ó 25 por 100 da súa renda total e o tempo de traballo dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa superior á metade do seu tempo de traballo total.

h) Agricultor a título principal: o agricultor profesional que obteña alomenos o 50 por 100 da súa renda da actividade agraria exercida na súa explotación e cun tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación inferior á metade do seu tempo de traballo (artigo 2.6º da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias).

i) Montes veciñais en man común: aqueles que, con independencia da súa orixe, posibilidades productivas, aproveitamento actual e vocación agraria, pertenzan a agrupacions veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e veñan sendo aproveitados consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños, e que así estean clasificados como tales pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, e normativa de desenvolvemento.

j) Agrupación forestal: entidade de propietarios legalmente constituída, titular dun conxunto de montes, onde o gando pode pastar indistintamente sobre todos eles e as tradicións de uso así o xustifican.

k) Autorización de acto de disposición: acordo adoptado pola comunidade de montes veciñais en man común, conforme o que se establece co solicitante un acto de disposición, en forma de dereito de superficie ou arrendamento, para a realización dos usos e a execución das accións obxecto da solicitude.

l) Unidade mínima de cultivo agroambiental: (UMCA). A referencia para determina-la superficie agroambiental a partir da cal os custos totais unitarios tenden a diminuír conforme aumenta o número de hectáreas cultivadas. A superficie agraria da UMCA será de 20 ha para efectos de calcula-lo importe da prima de cada medida e/ou submedida, excepto para a apicultura ecolóxica, que será de 25 ha e para a apicultura para a mellora da biodiversidade en zonas fráxiles, que será de 300 ha.

m) Rede Natura 2000: rede ecolóxica pola que se designan lugares e zonas especiais de conservación que garantan o mantemento ou restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats que determina a directiva (CEE) 92/43 e que aparecen recollidas no anexo X desta orde.

n) Couto redondo: superficie, fixada por cultivo, nun raio de 5 km na que, alomenos, o 85% da mesma está incluída no programa agroambiental para o que solicita a axuda. Non obstante o anterior, no caso da agricultura ecolóxica, o couto estará constituído polo cultivo de maior representación e a súa superficie mínima será a establecida para cada cultivo na táboa recollida no artigo 32 desta orde.

o) Ciclo: o cultivo, na mesma parcela, de familias e especies vexetais diferentes, independentemente da duración de cada un deles. Se se establece unha cuberta vexetal ou cultivo para a fetilización en verde, considerarase como parte da rotación.

Artigo 3º.-Requisitos dos beneficiarios.

1. Terán dereito a percibi-las axudas establecidas nesta orde os titulares de explotacións agrarias que se comprometan, por un período mínimo de cinco anos, salvo causa de forza maior, a cumpri-los compromisos dunha ou varias das medidas agroambientais previstas no título II desta orde. Os agricultores que contraian un compromiso agroambiental en relación cunha parte da explotación, deberán respectar en toda a explotación, como mínimo, as obrigas en materia de política ambiental, especificamente o relativo á Directiva 91/676 CEE, do 12 de decembro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes da agricultura, desenvolvida no ámbito estatal polo Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro.

O obxecto e os compromisos das distintas axudas e os requisitos que deben cumpri-los beneficiarios para a súa obtención, serán os establecidos para cada unha das actuacións agroambientais nas diferentes seccións do título II desta orde.

2. A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria poderá autorizar transformacións ou adaptacións destes compromisos sempre que a dita transformación constitúa un beneficio indiscutible para o ambiente, o compromiso existente se reforce de forma significativa e o programa aprobado contemple a posibilidade da dita adaptación e esta estea debidamente xustificada considerando os obxectivos do compromiso.

3. No caso de que durante o período de compromiso contraído, como condición para a concesión da axuda, un beneficiario aumente a superficie da súa explotación, poderá:

a) Amplia-lo compromiso á superficie adicional polo resto do período do compromiso, sempre que a dita ampliación constitúa un beneficio indiscutible para o ambiente en relación coa medida en cuestión; estea xustificada, no que respecta á natureza do compromiso, a duración do período restante e a dimensión da superficie adicional e non diminúa a comprobación efectiva do cumprimento das condicións requiridas para a concesión da axuda.

b) Substituí-lo compromiso orixinal do beneficiario por un novo compromiso ata o resto do período para toda a superficie da que se trate, en condicións como mínimo tan rigorosas como as do compromiso orixinal.

4. No caso de que durante o período de compromiso contraído aumente o número de animais obxecto de axuda, a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria poderá:

a) Amplia-lo compromiso ós novos efectivos, polo resto do período, sempre que a dita ampliación constitúa un beneficio indiscutible para o ambiente en relación con esta medida; estea xustificada, no que respecta á natureza do compromiso, a duración do período restante e a dimensión da superficie adicional e non diminúa a comprobación efectiva do cumprimento das condicións requiridas para a concesión da axuda.

b) Substituí-lo compromiso orixinal do beneficiario por un novo compromiso ata o resto do período para tódolos animais dos que se trate, en condicións como mínimo tan rigorosas como as do compromiso orixinal.

Artigo 4º.-Comité técnico.

1. Créase como órgano colexiado un comité técnico encargado de coordinar, verificar e fixa-los criterios que se considerarán para o mellor cumprimento dos obxectivos de cada medida, así como a súa vixilancia e seguimento, que estará integrado polos siguintes membros:

Presidente: director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, que poderá delegar no subdirector seral de Explotacións Agrarias.

Vocais:

a) Xefe do Servicio de Medidas Complementarias.

b) Xefe do Servicio de Sanidade e Producción Agrícola.

c) Xefe do Servicio de Axudas Agrícolas da PAC.

d) Xefe do Servicio de Producción Gandeira.

Por proposta do presidente, o comité, por maioría dos seus membros, poderá acorda-la creación de grupos de traballo integrados por un panel de expertos.

2. Son funcións do comité:

-Defini-las características técnicas dos compromisos agroambientais que deben de presenta-los titulares da explotación que pretendan acollerse a estes programas.

-Harmoniza-las actuacións que supoñan un mellor cumprimento dos compromisos agroambientais.

-Dirixir todas aquelas actuacións que teñan relación cos obxectivos xenéricos e específicos das medidas previstas na presente orde.

Artigo 5º.-Limitacións sectoriais.

1. As actuacións agroambientais obxecto das axudas que prevé esta orde só poderán acollerse a outros réximes de axudas comunitarios cando estes non sexan incompatibles con ninguna das condicións específicas que se requiren para acollerse ás axudas que regula o Regulamento (CE) 1257/1999, do 17 de maio, especialmente as que están reguladas polo anexo III do Real decreto 708/2002, do 19 de xullo,

e que aparecen resumidas no seguinte cadro, de acordo coas medidas recollidas na presente orde (artigo 1º):

1a1b1c2a2b2c2d2e3a

1a

1bI

1cII

2aCCC

2bCCIC

2cCCCCC

2dIICCCC

2eCCCCCCC

3aCCCCCCCC

I. Incompatilbe.

C. Compatible.

2. A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria garantirá que estas medidas de axuda sexan coherentes entre si e coas medidas aplicadas no marco das organizacións comúns de mercados, coas medidas de calidade e sanidade agrarias e coas medidas de desenvolvemento rural distintas das agroambientais. En ningún caso o mesmo compromiso poderá beneficiarse ó mesmo tempo dos pagamentos en virtude dunha axuda agroambiental e de calquera outro réxime de axuda comunitario, pero sen excluí-la axuda agroambiental para as mesmas produccións, sempre e cando a dita axuda complete e sexa coherente coas ditas medidas.

Artigo 6º.-Contía das axudas.

No cálculo das axudas terase en conta a superficie das UMCA, sendo o importe da prima total o resultado da suma das parciais. Os importes máximos anuais para cada unha das medidas ou submedidas serán os seguintes:

a) Cando a superficie en hectáreas para cada medida ou submedida sexa igual ou menor do dobre do valor da UMCA, os importes máximos das primas por hectárea para cada medida ou submedida serán do 100 por 100 das primas establecidas no capítulo I do título II.

b) Para a superficie en hectáreas comprendida entre o dobre e o cuádruplo do valor da UMCA os importes máximos das primas serán do 60 por 100.

c) Para a superficie que exceda o cuádruplo do valor da UMCA os importes máximos das primas serán do 30 por 100.

Artigo 7º.-Presentación de solicitudes e prazo.

1. A presentación das solicitudes de axuda para cada medida das contempladas nesta orde realizarase segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais, utilizando os impresos normalizados, que estarán ó dispor dos interesados nas mencionadas oficinas.

2. Os beneficiarios deberán presentar unha solicitude inicial de participación no réxime e as sucesivas solicitudes anuais de pagamento que correspondan,

conforme os compromisos asumidos. O prazo de presentación das solicitudes será ata o 31 de marzo de cada ano, a partir do día de entrada en vigor da respectiva orde de convocatoria. Non obstante, de acordo co previsto no Regulamento (CE) 2419/2001, as solicitudes que teñan entrada dentro dos 25 días naturais seguintes á finalización do prazo establecido serán aceptadas, pero o importe das axudas será reducido nun 1 por 100 por cada día hábil de atraso, salvo que o atraso na presentación se producise por causa de forza maior. As solicitudes presentadas con posterioridade ós vintecinco días naturais seguintes á data de finalización do prazo de presentación consideraranse como non presentadas, non podendo dar lugar á concesión de ningunha axuda.

3. No caso de non presentación da solicitude de renovación nun ano e se durante ese período se cumpriron os compromisos, condicionados á súa verificación, o titular non percibirá as axudas para ese ano, pero manterase o compromiso, non solicitándose, polo tanto, a devolución das cantidades percibidas nos anos anteriores.

4. Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da personalidade do solicitante e, se for o caso, da representación coa que actúa.

b) Documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos, así como a documentación especifica requirida para cada tipo de axuda.

c) Fotocopia da acta de constitución da entidade asociativa, se for o caso.

d) Certificación da entidade financeira indicando o número de conta, en formato código conta cliente, aberta a nome do solicitante para o ingreso da axuda.

e) Certificado do secretario da entidade asociativa no que se recolla a relación nominal de socios así como a superficie afectada polo programa.

f) Se é o caso, documentación xustificativa dos supostos de prioridade previstos no artigo 9.

g) Calquera outra documentación que se considere oportuna para a resolución destas axudas.

No caso de agricultura ecolóxica, xuntarase, ademais:

a) Certificado de inscrición no Rexistro de operadores titulares de empresas agrarias de producción expedido polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, no que se recollan as superficies acollidas á producción ecolóxica, con indicación da súa utilización.

No caso de gandería ecolóxica, ademais:

a) Certificado de inscrición no Rexistro de operadores titulares de empresas agrarias de producción no subsector animal expedido polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, no que se recollan as superficies acollidas á producción ecolóxica, con indicación da súa utilización.

b) Copia cotexada da folla de saneamento gandeiro en vigor, sempre e cando exista para esa especie animal.

c) Anexo XV debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

No caso de mantemento de razas autóctonas puras en perigo de extinción, ademais:

a) Fotocopia cotexada da folla de saneamento gandeiro en vigor, no caso de que proceda.

b) Certificación orixinal ou fotocopia cotexada emitida pola comisión rectora de cada un dos respectivos libros xenealóxicos da raza dos animais inscritos.

c) Certificado da asociación correspondente de que o beneficiario pertence a ela.

d) Fotocopia cotexada da declaración da superficie forraxeira.

e) Anexo XIV debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

No caso de mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos, ademais:

A) Se o titular dos terreos é unha comunidade de montes veciñais en man común:

a) Copia cotexada do acordo adoptado pola comunidade de montes veciñais en man común, conforme se establece na autorización do acto de disposición.

b) Certificado de adxudicación individual de superficie, conforme o modelo do anexo XII.

B) Se o titular dos terreos é unha agrupación forestal

a) Copia cotexada da acta de constitución da entidade.

b) Copia cotexada do CIF da entidade.

c) Certificado da entidade, de adxudicación individual da superficie, segundo o anexo XII.

No caso de reducción dos efectivos gandeiros, ademais:

a) Fotocopia cotexada da folla de saneamento gandeiro en vigor.

No caso de xestión racional dos sistemas de pastoreo para protección de flora e fauna, ademais:

a) Anexo XIII de notificación de traslado de animais ou guía de traslado, se é o caso.

No caso de compatibilización dos sistemas de pastoreo tradicionais no hábitat do lobo, ademais:

a) Fotocopia cotexada da denuncia e da acta de comprobación do organismo competente.

b) Declaración xurada do solicitante polo que renuncia ás indemnizacións por ataques.

Artigo 8º.-Tramitación.

Os servicios provinciais de Explotacións Agrarias realizarán as funcións de tramitación previas á resolución e pagamento, é dicir, comprobarán as solicitudes e verificarán que conteñen a documentación esixida. Se esta resultase incompleta ou defectuosa,

requirirase o solicitante para que no prazo de 10 días achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos advertidos, facéndolle saber que, en caso contrario, se terá por desistido da súa petición e despois da resolución previa procederase ó seu arquivo sen máis trámite.

Artigo 9º.-Criterios de prioridade.

Dado que as axudas previstas nesta orde se concederán en réxime de concorrencia competitiva, en función das dispoñibilidades orzamentarias, a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria clasificará os expedientes completos que cumpran tódalas condicións esixidas en función dos seguintes criterios de prioridade para a selección dos beneficiarios:

1. As explotacións que practiquen unha agricultura sustentable e fomenten a diminución da utilización de fertilizantes e fitosanitarios de síntese, sustituíndoos por outros de orixe natural, non contaminantes: ata 10 puntos de baremación.

2. As explotacións que practiquen producción agraria ecolóxica, rexistradas no Craega, e que comercialicen os seus productos como ecolóxicos: ata 20 puntos.

3. As explotacións incluídas en zonas desfavorecidas ou de montaña: ata 20 puntos.

4. Agricultores profesionais: ata 20 puntos. Se, ademais, son agricultores a título principal, terán unha puntuación adicional de 10 puntos.

Artigo 10º.-Resolución.

As solicitudes serán resoltas polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por proposta do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria. O prazo máximo para dictar e notifica-la correspondente resolución será de seis meses, contados a partir do día de entrada en vigor da respectiva orde de convocatoria. Transcorrido o prazo sen que se dictase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 11º.-Xustificación do cumprimento dos compromisos.

1. Os beneficiarios deberán comunicar antes do 31 de outubro de cada ano a realización do programa agroambiental do que se trate á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, achegando a seguinte documentación:

a) Caderno de explotación debidamente cuberto.

b) Informe do técnico responsable do seguimento do programa, no que se resuman os aspectos relevantes da campaña e se realice unha avaliación obxectiva do mesmo, que deberá de acompañarse de:

* Reunións de grupo e cursos impartidos: calendario e número de asistentes.

* Visitas de asesoramento ás explotacións: número e calendario.

* Demostracións de novas técnicas e métodos: calendario, número de participantes.

* Outras actividades de interese: descrición e número.

O informe técnico presentarase en papel e soporte informático, en aplicación Microsoft Word, en disquete de 3œ pulgadas de alta densidade.

c) Facturas orixinais e copia cotexada xustificativas dos investimentos.

d) Copia cotexada dos boletíns de análise realizados na explotación.

e) Contrato do técnico ou do servicio técnico para o seguimento do programa.

Artigo 12º.-Controis.

1. A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria establecerá o plan autonómico de controis administrativos, de campo e sobre o terreo para realizar no ámbito da Comunidade Autónoma, e no que se recollerán os criterios básicos, así como a metodoloxía xeral, para a súa realización.

Os titulares das explotacións afectadas polos controis, tanto administrativos como de campo ou sobre o terreo, estarán obrigados a colaborar na súa realización.

2. Os controis administrativos realizaranse sobre o total das solicitudes recibidas e rexistradas na campaña de referencia, debéndose comprobar exhaustivamente que a solicitude estea correctamente cuberta desde o punto de vista formal e que inclúa toda a documentación requirida na normativa legal reguladora da axuda. Disporanse os cruzamentos informáticos necesarios cos datos declarados para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobres axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

3. Os controis de campo terán por finalidade obter unha maior obxectividade para establece-los criterios de análise de risco que marcarán as pautas a seguir para a sección dirixida, a partir da cal se efectuarán os controis sobre o terreo.

4. Os controis sobre o terreo terán por obxecto asegura-lo cumprimento polos beneficiarios do conxunto das obrigas ás que se comprometeron. Faranse de forma imprevista aínda que poderá avisarse anticipadamente os titulares das explotacións cun prazo non superior ás corenta e oito horas. Non serán admisibles escusas para a realización do control, salvo causa de forza maior comprobada in situ, que deberá quedar reflectida na acta de control; neste caso poderá realizarse o control unha vez desaparecida a mesma.

5. Non obstante, o organismo pagador dos fondos FEOGA-Garantía en Galicia poderá demanda-la realización das inspeccións e controis adicionais que considere necesarios para comproba-lo cumprimento de calquera requisito esixido na normativa comunitaria, estatal ou autonómica que resulte de aplicación.

6. Cando un beneficiario destas axudas obxecto de control teña concedida outra ou outras con fundamento no Regulamento (CE) 1257/1999, o control efectuarase sobre o conxunto das axudas aprobadas en virtude do regulamento citado.

Artigo 13º.-Certificación.

Con anterioridade ó pagamento da axuda, os interesados deberán xustificar que están ó día no cumprimento das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, por medio dos correspondentes certificados da Axencia Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social. Así mesmo, presentarán xustificación de non ter ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 14º.-Concorrencia e acumulación de axudas.

Os solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, á solicitude inicial unha declaración do conxunto de tódalas solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 15º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento poida ser esixida polos órganos competentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, os beneficiarios terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo servicio de auditoría interna do organismo pagador en Galicia, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcions de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lles sexan solicitadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 16º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións que se tivesen en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 17º.-Reintegro das axudas.

1. No suposto do incumprimento das condicións establecidas para a concesión da axuda, existirá obriga de reintegro total ou parcial da subvención. No caso de pagamentos indebidos, o beneficiario quedará obrigado a reintegra-lo importe indebidamente percibido xunto cos correspondentes xuros, se é o caso.

2. A renuncia en anos posteriores e antes de que se cumpra o compromiso polo período de cinco anos, obriga á devolución de todalas axudas percibidas, incrementadas nos xuros correspondentes ó tempo transcorrido.

3. Se durante o período de compromiso o beneficiario traspasa total ou parcialmente a súa explotación a outra persoa, esta poderá continuar co compromiso durante o período que quede por cumprir. Se non se reasume o compromiso, o beneficiario estará obrigado a reintegra-las axudas percibidas máis os xuros calculados en función do prazo transcorrido entre o pagamento e o reintegro polo beneficiario.

4. Se se trata dun beneficiario que cese definitivamente na actividade agraria e cumprise cunha parte significativa do compromiso, estimada, alomenos, en tres anos, non se requirirá este reintegro cando exista unha imposibilidade manifesta para que o compromiso poida ser asumido polo sucesor, segundo o artigo 30 do Regulamento (CE) 445/2002.

5. A transferencia do compromiso terá efectos a partir da data de inicio da campaña seguinte a aquela na que se fai efectiva a transferencia da explotación, sendo responsable ata ese momento do cumprimento dos compromisos sobre as superficies transferidas o antigo titular. Deberá comunicarse previamente a data na que se faga efectiva mediante a presentación dun documento conforme o modelo do anexo V desta orde, que deberá ser subscrito polo antigo titular e polo novo titular da explotación transferida. No caso de falecemento, o documento anteriormente citado será subscrito unicamente polo novo titular da explotación acreditando debidamente aquela circunstancia.

6. No caso de que o beneficiario non pudiese seguir asumindo os compromisos subscritos debido a causa de forza maior, conforme o disposto no artigo seguinte, a Dirección Xeral de Sanidade e Producción Agropecuaria adoptará as medidas necesarias para adapta-los compromisos á nova situación da explotación. Se a dita adaptación resulta imposible, o compromiso darase por finalizado sen que se esixa ningún reintegro polo período de compromisos efectivo.

Artigo 18º.-Causas de forza maior e circunstancias excepcionais.

Os casos de forza maior e de circunstancias excepcionais, con presentación das probas pertinentes, deberán de notificarse por escrito nun prazo de 10 días hábiles a partir do momento no que o productor se encontre en situación de facelo.

Consideraranse como casos de fuerza maior os supostos seguintes:

a) O falecemento do productor.

b) Unha larga incapacidade profesional do productor.

c) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agrícola da explotación.

d) A destrucción accidental dos edificios da explotación destinados ó gando.

e) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando do productor.

Artigo 19º.-Recursos administrativos.

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde e da respectiva convocatoria, esgotan a vía administrativa e, contra elas, cabe interpoñe-los seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou de tres meses, contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, se é expresa; ou seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 20º.-Infraccións e sancións.

Ademais do disposto no artigo 63 do Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión, do 26 de febreiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1257/1999, seralles de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

TÍTULO II

Actuacións obxecto de axuda

Capítulo I

Técnicas ambientais de racionalización no uso

de productos químicos

Sección primeira

Control Integrado de Tratamentos Fitopatolóxicos

Artigo 21º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións agrarias que se comprometan, por un período mínimo de 5 anos, a cumpri-los compromisos establecidos nesta medida, en toda ou parte da súa explotación na totalidade da cal deberán respectar, como mínimo, as obrigas en materia de política ambiental, especificamente o relativo á Directiva 91/676 CEE, do 12 de decembro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes da agricultura, desenvolvido no ámbito estatal polo Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro.

Artigo 22º.-Obxectivos.

1. Mellora-la calidade e rendemento dos cultivos.

2. Diminuí-los residuos químicos en solos e alimentos, o que supón unha mellora da calidade e unha maior seguridade para as formas vivas.

3. Implanta-la utilización de métodos biotecnolóxicos de loita contra pragas e enfermidades respectuosos co ambiente e coa conservación do espacio natural.

4. Mante-la biodiversidade no medio no que se aplica o programa.

Artigo 23º.-Compromisos do programa.

A. Compromisos xerais:

* Cubrir e manter actualizado un caderno de explotación, que incluirá unha contabilidade detallada e no que se inscribirán tódalas operacións de cultivo realizadas en cada unha das parcelas.

* Realizar análises adecuadas anualmente para programa-la fertilización; de auga, residuos fitosanitarios e outros a criterio do comité técnico, cubrindo a ficha normalizada no caderno de explotación.

* Manter sebes e arrós, vexetación en lindes e marxes para reserva ecolóxica e mantemento da biodiversidade. Para superficies continuas, o comité técnico determinará a superficie mínima obrigatoria de reserva ecolóxica.

* Pertencer a unha agrupación de tratamentos integrados ou similar e/ou dispoñer de asesoramento técnico que estableza a estratexia e oportunidade dos tratamentos químicos.

* Establecer un plan de fertilización na folla destinada para tal fin no caderno de explotación.

* Controla-las malas herbas de forma mecánica ou mediante pastoreo controlado.

* No caso de tratamentos fitosanitarios utilizar unicamente substancias de clasificación ecotoxicolóxica AAA o AAB ou o trasposto segundo normativa nacional. O comité técnico establecerá anualmente a listaxe de productos autorizados para cada cultivo, así como a estratexia e oportunidade da súa aplicación fronte a un calendario de tratamentos convencional.

* Reducción verificable de, alomenos, un 25% do fornecemento de fertilizantes químicos de síntese. Esta reducción poderá realizarse mediante a substitución do fertilizante nitroxenado de síntese polo orgánico, non permitíndose o uso de estercos frescos, engadindo 5 tn de esterco/ha cada 3 anos, realizando obrigatoriamente o primeiro fornecemento ó comezo do período de compromiso.

* Non poderán acollerse os cultivos realizados por sistemas hidropónicos.

B. Compromisos específicos:

* Reducción de, alomenos, un 25% dos tratamentos con productos químicos.

* Substitución do 50% do número de aplicacións de productos químicos por métodos de control e/o seguimento biolóxico a base de substancias de orixe

vexetal ou microorganismos, solta de insectos útiles, trampeo masivo, confusión sexual, etc, por parcelas completas.

* Aplicar preferentemente métodos de loita natural no resto das parcelas mediante o mantemento de zonas de reserva ecolóxica (sebes e arrós).

* Realiza-lo seguimento e control de pragas mediante tratamentos dirixidos e localizados para preserva-la fauna útil.

* Non realizar tratamentos con productos químicos 15 días antes da recolección, excepto para productos de recolección gradual, nos que se utilizarán preferentemente substancias naturais ou productos químicos con prazo de seguridade, alomenos, de 5 días.

* Non realizar tratamentos postcolleita para comercializacións inmediatas.

* Realización de análises de residuos sobre a producción final incorporando os resultados ó caderno de explotación.

Artigo 24º.-Contía das axudas.

As primas máximas establécense en función do tipo e superficie mínima de cultivo de acordo coa táboa seguinte:

CultivoPrima máxima

(A/ha)

S mínima

cultivo (ha)

S couto

redondo (ha)

Castiñeiro70.320.304

Kiwi141.240.302

Framboesa141.240.302

Viña para vinificación147.850.304

Sección segunda

Producción integrada

Artigo 25º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións agrarias que se comprometan, por un período mínimo de 5 anos, a cumpri-los compromisos establecidos nesta medida, en toda ou parte da súa explotación, na totalidade da cal deberán de respectar, como mínimo, as obrigas en materia de política ambiental, especificamente o relativo á Directiva 91/676 CEE, do 12 de decembro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes da agricultura, desenvolvida no ámbito estatal polo Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro.

Artigo 26º.-Obxectivos.

1. Reducción de efectos contaminantes no aire, solo e auga.

2. Adopción de tecnoloxías de producción vexetal que utilicen ó máximo os recursos e mecanismos de producción naturais asegurando a longo prazo unha agricultura sustentable e a protección dos recursos naturais.

3. Reducción dos tratamentos químicos en alomenos un 30%, priorizando na loita contra pragas os métodos biolóxicos e físicos fronte ós químicos.

4. Mellora da calidade e rendemento dos cultivos.

Artigo 27º.-Compromisos do programa.

Compromisos xerais:

* Cubrir e manter actualizado un caderno de explotación, que incluirá unha contabilidade detallada e no que se inscribirán tódalas operacións de cultivo realizadas en cada unha das parcelas.

* Realizar análises adecuadas anualmente para programa-la fertilización. De auga, residuos fitosanitarios e outros a criterio do comité técnico, cubríndose a ficha normalizada no caderno de explotación.

* Manter sebes e arrós, vexetación en lindes e marxes para reserva ecolóxica e mantemento da biodiversidade. Para superficies continuas, o comité técnico determinará a superficie mínima obrigatoria de reserva ecolóxica.

* Pertencer a unha agrupación de tratamentos integrados ou similar e/o dispoñer de asesoramento técnico que estableza a estratexia e oportunidade dos tratamentos químicos.

* Establecer un plan de fertilización na folla destinada para tal fin no caderno de explotación.

* Controla-las malas herbas de forma mecánica ou mediante pastoreo controlado.

* No caso de tratamentos fitosanitarios, utilizar unicamente substancias de clasificación ecotoxicológica AAA o AAB ou o trasposto segundo normativa nacional. O comité técnico establecerá anualmente a listaxe de productos autorizados para cada cultivo, así como a estratexia e oportunidade da súa aplicación fronte a un calendario de tratamentos convencional.

* Reducción verificable de, alomenos, un 25% do fornecemento de fertilizantes químicos de síntese. Esta reducción poderá realizarse mediante a substitución da fertilización nitroxenada de síntese pola orgánica, non permitiéndose o uso de estercos frescos, engadindo 5 tn de esterco/ha cada 3 anos, realizando obrigatoriamente o primeiro fornecemento ó comenzo do período de compromiso.

* Non poderán acollerse os cultivos realizados por sistemas hidropónicos.

Compromisos específicos:

* Reducción dos tratamentos con productos químicos alomenos nun 30%.

* Cumpri-lo establecido nas normas xenéricas e específicas sobre producción integrada.

* Estar inscrito no rexistro de productores de producción integrada da comunidade autónoma.

* Presentar unha memoria inicial descritiva da explotación agrícola, que estará incorporada ó caderno de explotación.

* Compromiso de aplica-la producción integrada na totalidade da superficie da explotación dedicada á mesma orientación productiva (cultivo e/ou especie) situada en cada explotación ou en cada leira cando a explotación estea formada por varias leiras.

* Utilizar material vexetal de productores oficialmente autorizados e co correspondente pasaporte fitosanitario.

* Prioriza-los métodos biolóxicos, físicos ou culturais na loita contra pragas.

* Obriga de efectuar rotacións en cultivos anuais; no caso dos hortícolas serán, alomenos, de 4 ciclos ó aire libre e de 3 en cultivo protexido. Se utiliza unha cuberta vexetal ou cultivo para fertilización en verde, considerarase como parte da rotación.

* Mante-la cuberta vexetal nos cultivos perennes. Nas épocas de recolección permitirase a sega ou o pastoreo controlado para facilita-los labores de colleita. Non poderá realizarse sacha química.

Artigo 28º.-Contía das axudas.

As primas máximas establécense en función do tipo e superficie mínima de cultivo de acordo coa táboa seguinte:

CultivoPrima máxima

(A/ha)

S mínima

cultivo (ha)

Herbáceos de secaño55.890.30

Herbáceos de regadío93.160.30

Froiteiras de secaño73.920.30

Froiteiras de pebida153.260.30

Froiteiras de carabuña198.330.30

Oliveiral147.250.30

Hortícola ó aire libre213.360.30

Hortícola baixo plástico480.810.30

Viña para vinificación159.870.30

Uva de mesa387.650.30

Cítricos345.580.30

A superficie do couto redondo será a establecida na normativa xenérica e específica sobre producción integrada para os distintos cultivos, aprobada pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Sección tercera

Agricultura ecolóxica

Artigo 29º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións agrarias que se comprometan, por un período mínimo de 5 anos, a cumpri-los compromisos establecidos nesta medida, en toda ou parte da explotación, na totalidade da cal deberán respectarse, como mínimo, as obrigas en materia de política ambiental, especificamente o relativo á Directiva 91/676 CEE, do 12 de decembro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes da agricultura, desenvolvida no ámbito estatal polo Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro.

Artigo 30º.-Obxectivos.

1. Promove-la obtención de alimentos caracterizados pola súa calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica, a través dunha xestión sustentable do medio.

2. Reduci-los efectos contaminantes da actividade agraria restrinxindo o emprego de productos químicos de síntese.

3. Contribuír ó mantemento do capital xenético promovendo o emprego de variedades ou recursos fitoxenéticos adaptados ó medio.

Artículo 31º.-Compromisos do programa.

Compromisos xerais:

* Cubrir e manter actualizado un caderno de explotación, que incluirá unha contabilidade detallada e no que se inscribirán tódalas operacións de cultivo realizadas en cada unha das parcelas.

* Realizar análises adecuadas anualmente para programa-la fertilización. De auga, residuos fitosanitarios e outros a criterio do comité técnico, cubríndose a ficha normalizada no caderno de explotación.

* Manter sebes e arrós, vexetación en lindes e marxes para reserva ecolóxica e mantemento da biodiversidade. Para superficies continuas, o comité técnico determinará unha superficie mínima obrigatoria de reserva ecolóxica.

* Pertencer a unha agrupación de tratamentos integrados ou similar e/ou dispoñer de asesoramento técnico que estableza a estratexia e oportunidade dos tratamentos químicos.

* Establecer un plan de fertilización na folla destinada para tal fin no caderno de explotación.

* Controlar as malas herbas de forma mecánica ou mediante pastoreo controlado.

* En caso de tratamentos fitosanitarios, utilizar unicamente substancias de clasificación ecotoxicolóxica AAA o AAB ou o trasposto segundo normativa nacional. O comité técnico establecerá anualmente a listaxe de productos autorizados para cada cultivo, así como a estratexia e oportunidade da súa aplicación fronte a un calendario de tratamentos convencional.

* Reducción verificable de, alomenos, un 25% do fornecemento de fertilizantes químicos de síntese. Esta reducción poderase realizar mediante a substitución do fertilizante nitroxenado de síntese por orgánico, non permitíndose o uso de estercos frescos, engadindo 5 tn de esterco/ha cada 3 anos, realizando obrigatoriamente o primeiro fornecemento ó comezo do período de compromiso.

* Non se poderán acolle-los cultivos realizados por sistemas hidropónicos.

Compromisos específicos:

* Cumpri-las normas de producción establecidas no Regulamento (CE) 2092/1991, do Consello, do 24 de xuño, sobre a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios, a Orde do 7 de maio de 1997, pola que se regula a producción ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o recollido no caderno de normas técnicas establecido polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, que incorporará o seguimento dos compromisos.

* Estar inscrito no Consello Regulador de agricultura ecolóxica.

* Elaborar un plan de cultivo previo para toda a explotación.

* Establecer un plan de xestión da fertilización orgánica, no que se considerará adecuado un aporte mínimo de 5 tm/ha e un máximo equivalente a 170 kg de N/ha.

* Comercialización da producción ecolóxica unha vez rematado o período de reconversión.

Artigo 32º.-Contía das axudas.

1. As primas máximas establécense en función do tipo e superficie mínima de cultivo de acordo coa táboa seguinte:

CultivoPrima máxima

(A/ha)

S mínima

cultivo (ha)

S couto (ha)

Herbáceos de secaño92.320.308

Herbáceos de regadío135.230.305

Froiteiras de secaño119.00.307.6

Froiteiras de pebida256.030.304.5

Froiteiras de carabuña e

cítricos

364.210.304.5

Oliveiral266.850.301

Hortícola ó aire libre258.440.302.2

Hortícola baixo plástico504.850.301

Viña para vinificación228.380.303.5

2. No caso de asociación de cultivos o couto estará constituído polo cultivo de maior representación, de forma que a súa superficie mínima será a establecida na táboa anterior.

Capítulo II

Xestión integrada das explotacións

Sección cuarta

Mellora e conservación do medio físico en zonas

de prados e pastos

Artigo 33º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións dedicadas de forma estable e permanente á producción gandeira que se comprometan a realizar, por un período de cinco anos, en toda ou parte da súa explotación, medidas de mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos.

Artigo 34º.-Obxectivos.

1. Conserva-los ecosistemas agrarios e os seus recursos, facendo unha xestión racional dos aproveitamentos gandeiros e das actuacións de protección da cuberta.

2. Consegui-lo mellor aproveitamento de restrebas e superficies pastables con respecto ás cargas gandeiras admisibles.

3. Conserva-las masas arbóreas con podas e controis fitosanitarios.

4. Respecto dunhas cargas gandeiras máximas e mínimas axeitadas a todo tipo de eco-agrosistema, realizando limpezas de vexetación e outros labores adaptados ó ecosistema de acollida.

Artigo 35º.-Compromisos do programa.

* Manter e actualiza-lo caderno de explotación.

* Pertencer a unha asociación gandeira ou similar e/ou dispor de asesoramento técnico.

* Presentar un plan agroambiental, incorporado ó caderno de explotación, que deberá ser aprobado pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

* Manter unha carga gandeira entre un mínimo de 0.2 UGM/ha e un máximo de 2.0 UGM/ha; ou de 1.4 UGM/ha se na superficie da explotación, para efectos desa medida, existen pastos situados en montes veciñais en man común ou similares.

* Mante-lo aproveitamento extensivo das superficies afectadas respectando o calendario de aproveitamentos do caderno de explotación, programado ó inicio da campaña polo comité técnico.

* Dispoñer dunha superficie mínima de explotación dentro deste programa de 7 ha nas explotacións con aproveitamentos en montes veciñais en man común ou similares, e de 3 ha nos demais casos.

* Manter como mínimo o 75% da SAU da explotación, dedicada a pastos ou cultivos orientados á alimentación do volume do gando, incluídos os aproveitamentos comunais.

* Conservar e mante-los elementos gandeiros necesarios para un adecuado manexo dos pastos evitando o sobre e subpastoreo.

Roza complementaria.

Poderanse complementa-las accións de pastoreo equilibrado, cando a ocasión o requira, con operacións de roza complementaria. Autorizarase cando a superficie de mato ou a ocupada por especies rexeitadas polo gando supere o 15% da superficie total considerada e/ou cando se incorpore roza para compostaxe.

As rozas poderanse realizar de forma mecánica ou manual; cando a pendente sexa maior del 10%, poderase realizar excepcionalmente un tratamento químico localizado con productos de baixa toxicidade autorizados polo comité técnico.

A superficie mínima que se pode rozar por explotación e ano será de 0,2 ha.

Artigo 36º.-Contía de las axudas.

1. A prima básica será de 36,06 euros por hectárea.

2. Concederanse as seguintes primas complementarias:

a) Por pastoreo con animais de razas autóctonas: 7,21 euros por hectárea.

b) Por roza cando a superficie de mato non supere o 50% da superficie que se vai rozar: 120,20 euros por hectárea.

c) Por roza cando a superficie de mato supere o 50% da superficie que se roza: 180,30 euros por

hectárea á que se engadirán 43,87 euros por hectárea se se realiza sementeira de especies forraxeiras.

Sección quinta

Reducción da cabana gandeira bovina, ovina

e caprina por unidade de superficie forraxeira

Artigo 37º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións que desexen diminuí-la súa carga gandeira por baixo das establecidas na Orde do 7 de setembro de 1999, desta consellería, pola que se aproba o código de boas prácticas agrarias para a Comunidade Autónoma galega.

Artigo 38º.-Obxectivos.

O obxectivo desta medida é a protección do solo, diminuíndo de forma efectiva a carga gandeira en praderías e pastos que sufriron un desequilibrio polo pastoreo excesivo na súa composición florística, coa subseguinte aparición de especies non desexables para o gando, fomentando sistemas de aproveitamento de pastos racionais, adaptados a cargas gandeiras que permitan explotacións gandeiras máis extensivas cunha reducción efectiva de, alomenos, o 20% da inicial. Poderase reduci-la carga a través de sementeira ou aproveitamento de pastos para diminuír aquelas sen reducción de efectivos do rabaño ampliando a superficie forraxeira. Tamén se podera reducir por eliminación temporal da presencia de gando.

Artigo 39º.-Compromisos do programa.

* Pertencer a unha asociación gandeira ou similar e/ou dispoñer de asesoramento técnico.

* Manter e actualiza-lo caderno de explotación.

* Cumprir coa normativa de identificación e rexistro dos animais.

* Diminuí-la carga gandeira ligada á terra por unidade de superficie en pastos en alomenos 0.3 UGM/ha, respecto ás cargas existentes ó inicio do compromiso, respectando as cargas máximas das boas prácticas agrarias. Este obxectivo deberase cumprir antes de finaliza-lo primeiro ano de compromiso e manterse ata o final deste. Poderase reduci-la carga a través de sementeiras ou aproveitamentos de pastos para diminuír aquelas sen reducción de efectivos do rabaño ampliando a superficie forraxeira. Tamén se poderá reducir por eliminación temporal de presencia de gando.

* Cumprir co calendario de pastoreo establecido ó inicio de campaña, que figurará no caderno de explotación.

Artigo 40º.-Contía das axudas.

A prima básica será de 216,36 A/ha por reducción dos efectivos bovinos, e de 63,11 A/ha por reducción dos efectivos ovinos e caprinos.

Sección sexta

Mantemento de razas autóctonas puras en perigo de extinción

Artigo 41º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións gandeiras con algún exemplar de razas autóctonas puras en perigo de extinción de Galicia, sexa en réxime de propiedade ou cesión pola administración autonómica, que se comprometan, mediante contrato subscrito coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a cumprir durante un período de cinco anos en toda ou parte da explotación os compromisos expostos no artigo 43º.

Artigo 42º.-Obxectivos.

1. Contribuír ó mantemento e conservación do patrimonio xenético do gando galego autóctono en perigo de extinción, ligando as razas ó seu espacio natural de orixe.

2. Axudar ó mantemento da renda das explotacións nas zonas de orixe destas razas, contribuíndo a evita-lo despoboamento e conservando a riqueza natural e paisaxística do medio.

3. Fomenta-lo aproveitamento de terras onde poidan sobrevivir unicamente razas autóctonas.

4. Contribuír á conservación do medio natural así como diminuí-la incidencia dos incendios forestais ó manter limpo o mato.

Artigo 43º.-Compromisos do programa.

* Realiza-las actuacións de pastoreo con animais das razas:

-Especie bovina. Cachena, caldelá, frieresa, limiá, vianesa.

-Especie equina. Cabalo de pura raza galega.

-Especie porcina. Porco celta.

-Especie ovina. Ovella galega.

* Mante-lo censo gandeiro das razas autóctonas en perigo de extinción acollidas a este programa durante un período de cinco anos, salvo casos de forza maior.

* Respecta-las cargas gandeiras establecidas.

* Pertencer a unha asociación gandeira recoñecida que teña por finalidade a mellora e conservación das razas autóctonas e que colabore coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural na xestión do libro xenealóxico.

* Os efectivos obxecto de prima deberán de estar inscritos no libro xenealóxico da raza.

* Mante-la pureza dos efectivos machos e femias reproductores destas razas.

* Obriga de facilitar información para o seguimento da raza, así como para a elaboración de valoracións.

* Participar nos programas de mellora xenética que estableza para cada raza a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Artigo 44º.-Contía das axudas.

Concederase anualmente ós interesados unha axuda de 120,20 euros por UGM sempre que se comprometan por un período mínimo de 5 anos a realiza-la explotación destas razas segundo os compromisos subscritos.

Sección sétima

Gandería ecolóxica

Artigo 45º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro Oficial do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e que se comprometan durante un período de 5 anos contados desde o momento da concesión da axuda a asumi-los compromisos establecidos nesta medida.

Artigo 46º.-Obxectivos.

Fomenta-la protección dos recursos naturais, auga, solos e paisaxe e a reducción dos potenciais focos e niveis de contaminación a través dunha metodoloxía de xestión sustentable da explotación, como é a producción gandeira ecolóxica sobre superficies acollidas á agricultura ecolóxica. Nesta medida inclúese tamén a apicultura ecolóxica.

Artigo 47º.-Compromisos do programa.

a) En xeral:

* Cumpri-las normas de producción establecidas no Regulamento (CE) 2092/1991, do Consello, do 24 de xuño, sobre a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios, así como o disposto no Regulamento 1804/1999, do 19 de xuño, polo que se completa o anterior coas produccións animais e a Orde do 7 de maio de 1997 pola que se regula a producción ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Manter e actualiza-lo caderno de explotación.

* Pertencer a unha agrupación de tratamentos integrados ou similar e/ou dispoñer de asesoramento técnico.

* Estar inscrito no Craega.

* Presentar un plan agroambiental incorporado no caderno de explotación, que deberá ser aprobado pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria e que reflectirá tódolos compromisos da medida.

* Levar unha contabilidade axeitada dos productos adquiridos e dos que saen da explotación, incorporándoos ó caderno de explotación.

* Participar en actividades de formación.

* Realización de análises obrigatorias e incorporación dos resultados ó caderno da explotación.

* Comercialización da producción ecolóxica de carne, pasado o período obrigatorio de reconversión.

b) Para o desenvolvemento da apicultura ecolóxica.

* Cumprir coa normativa establecida no anexo I-C do Regulamento 1804/1999, do 19 de xuño, polo que se regula a apicultura ecolóxica e os productos obtidos dela.

* Utilizar preferentemente razas europeas de Apis mellifera e os seus ecotipos locais.

* As alvarizas procederán de unidades apícolas ecolóxicas, excepto os casos recollidos no punto 3 do anexo I-C do Regulamento 1804/1999, do 19 de xuño.

* Manter máis de 50 enxames, que estarán situados en áreas nas que as fontes de néctar ou pole, nun raio de 3 quilómetros, pertenzan fundamentalmente a cultivos de AE, vexetación silvestre ou cultivos acollidos a programas de medidas agroambientais segundo o Regulamento (CE) 1257/1999, R.D. 4/2001, e normas derivadas deles e afastalos suficientemente de contaminación.

Artigo 48º.-Contía das axudas.

Concederase anualmente ós interesados unha axuda de 180,30 euros por hectárea de prados e pastos.

Para o caso de apicultura ecolóxica, a axuda será de 23,74 euros por hectárea de superficie cultivada ou pasto ecolóxico sobre o que polinizan as abellas, sendo a UMCA establecida polo Comité Técnico Nacional de Unidades mínimas de cultivo agroambiental de 25 ha.

Sección oitava

Xestión racional de sistemas de pastoreo

para a protección de flora e fauna

Artigo 49º.-Beneficiarios.

Titulares que acollidos á medida de mellora e conservación do medio físico correspondente á sección cuarta desta orde teñan caderno de explotación, anexo de notificación de traslado de animais ou guía de traslado, se é o caso, e acheguen autorización de acto de disposición.

Artigo 50º.-Obxectivos.

Medida dirixida á conservación da biodiversidade da flora e fauna, beneficiando, en gran medida, áreas incluídas na rede Natura 2000.

O obxectivo é o de fomentar unha xestión racional dos pastos coa reducción efectiva da carga gandeira da explotación de orixe, conseguíndose a recuperación do solo e da súa diversidade florística, tanto da explotación de orixe coma da receptora.

Artigo 51º.-Compromisos do programa.

* Manter e actualiza-lo caderno de explotación.

* Pertencer a unha asociación gandeira ou similar e/ou dispor de asesoramento técnico.

* Estar acollido a algunha das modalidades da medida de mellora e conservación do medio físico prevista na sección cuarta.

* Realiza-la práctica da xestión tradicional de pastos con desprazamento estacional do gando co mesmo número de animais durante alomenos 5 anos consecutivos.

* Te-la folla de saneamento gandeiro e que figure anexo de notificación de traslado de animais ou guía de traslado, se é o caso.

* Achegar autorización de acto de disposición, se é o caso.

* Realiza-lo movemento do gando de acordo coas prácticas tradicionais de aproveitamento de forma óptima dos recursos naturais.

* Permanecer fóra da explotación de orixe alomenos 4 meses contados desde xuño. Durante eses meses, é obrigatorio cambiar de pastos, desprazando os animais a pasteiros de montaña con aproveitamento estacional.

* Reduci-la carga gandeira alomenos nun 25% na explotación de orixe durante o período que dura o aproveitamento de pastos fóra da explotación.

* Non mante-lo gando nas superficies liberadas do predio de orixe entre esas datas.

* Realización de fertilización orgánica de 30 tm/250 has na explotación de destino.

* Manter unha carga gandeira na zona de destino que non supere 1,4 UGM/ha respecto ás cargas establecidas.

Artigo 52º.-Contía das axudas.

Concederase anualmente ós interesados unha prima básica de 60,1 euros por hectárea á que se engadirá unha prima complementaria de 12 euros por hectárea para o caso de pastoreo con razas autóctonas con efectivos, alomenos, nun 75% de razas autóctonas inscritas nos correspondentes libros de rexistros das razas oficiais.

Capítulo III

Protección da paisaxe e prácticas de prevención

contra incendios

Sección novena

Compatibilización dos sistemas de pastoreo

tradicionais no hábitat do lobo

Artigo 53º.-Beneficiarios.

Titulares de explotacións gandeiras extensivas de bovino, ovino, caprino e porcino en zonas con presencia lobos.

Artigo 54º.-Obxectivos e criterio de prioridade adicional.

1. O obxectivo desta medida é a protección do lobo como especie ameazada, concedendo unha prima ós titulares das explotacións gandeiras que teñan o risco de ser atacadas polo lobo.

Considéranse zonas de risco aquelas nas que os titulares de explotacións presentasen denuncias por ataques e os ditos feitos foron comprobados por persoal autorizado. Incluiranse nas ditas zonas aquelas explotacións incluídas no raio de acción do animal.

2. Ademais dos criterios establecidos no artigo 9º desta orde, os solicitantes con explotacións gandeiras enmarcadas no ámbito territorial da Rede Natura 2000, que se acollan ás axudas previstas nesta sección poderán obter unha puntuación adicional de 10 puntos.

Artigo 55º.-Compromisos do programa.

* Pertencer a unha asociación gandeira e/ou dispoñer de asesoramento técnico.

* Manter e actualiza-lo caderno de explotación.

* Realizar ordenación do pastoreo para evita-lo sobre pastoreo.

* Ordena-los aproveitamentos ligando os efectivos de gando ás dispoñibilidades reais do terreo.

* Manter unha carga gandeira media de 1 UGM mes/ha durante a época de utilización dos pastos.

* Permanencia do gando nos pastos de alomenos 100 días.

* Rabaño vixiado por un pastor que recolla diariamente o rabaño nun curro.

* Complementará a protección do gando coa presencia de cans adestrados, preferentemente de razas autóctonas de Galicia, e coa instalación de sistemas de recolla nas áreas de descanso e repouso dentro dos pasteiros.

* Renunciar ás indemnizacións por ataques.

* Cumprir coa normativa en materia de sanidade animal no caso de ovellas mortas por causas naturais.

* Queda prohibida a destrucción de construccións tradicionais (cercas, curros, refuxios, etc.) así como a queima de mato.

* Levar un libro de xestión do gando onde se inscribirá: lugares de pasto, altas e baixas, lugar de posibles ataques, lugar onde se deixaron os animais mortos.

Artigo 56º.-Contía das axudas.

Concederase anualmente ós interesados unha axuda de 4,21 euros por hectárea.

TÍTULO III

Convocatoria para o ano 2002

Artigo 57º.-Financiamento para o ano 2002.

1. As axudas reguladas nesta orde estarán financiadas no exercicio 2002 con cargo ás aplicacións do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 seguintes: 09.03.614A.772.4, por importe de 222.374 euros; 09.03.614A.772.3, por importe de 240.000 euros; 09.03.614A.772.1, por importe de 300.504 euros; 09.03.614A.772.5, por importe de 12.688 euros.

2. Poderanse utilizar outros remanentes dispoñibles nas ditas aplicacións orzamentarias e, no caso

de remanentes nalgunha das liñas ou programas de actuación, poderá incrementarse o orzamento dispoñible nas outras liñas que o precisen.

Artigo 58º.-Presentación de solicitudes.

Sen embargo do disposto no artigo 7º.2 desta orde, as solicitudes de axuda para a convocatoria de 2002 poderán presentarse no prazo de 30 días naturais seguintes ó día da entrada en vigor desta convocatoria.

Artigo 59º.-Prazo de resolución.

1. Sen prexuízo do disposto no artigo 10º desta orde, as solicitudes presentadas neste ano terán que resolverse con anterioridade ó 15 de decembro de 2002.

Disposición adicional

O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición dos certificados acreditativos de encontrarse ó día das súas obrigacións tributarias e de non ter ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de se-lo caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo IX desta orde, para os efectos de que a Dirección Xeral de Sanidade e Producción Agropecuaria ou os servicios provinciais de Explotacións Agrarias poidan solicitala por vía informática.

Disposicións transitorias

Primeira.-En canto non se estableza o desenvolvemento normativo necesario a nivel estatal ou autonómico sobre a producción integrada, non se poderán solicita-las axudas previstas na sección segunda do capítulo I do título II desta orde.

Segunda.-Os expedientes de axuda presentados ó abeiro da orde desta consellería do 11 de setembro de 2001, respecto dos que non recaeu resolución expresa de concesión da axuda, poderanse ter en conta na convocatoria deste ano, sempre que o interesado así o solicite expresamente e cumpra o disposto na convocatoria do ano 2002.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las instruccións necesarias para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA