Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de agosto de 2002 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras de formación nos Centros de Formación e Recursos.

Pola Orde do 16 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 29 de abril) convocábase concurso público de méritos para a provisión de prazas de asesores e/ou asesoras de formación nos Centros de Formación e Recursos e nas súas seccións. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 61 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

1. Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os profesores que se relacionan no anexo I desta orde.

2. Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 11, punto 2º, da orde de convocatoria.

3. Declarar vacantes as prazas que figuran no anexo II.

4. Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2002.

5. Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Postos de asesores e/ou asesoras dos Centros

de Formación e Recursos e das súas seccións

Centro de Formación

e Recursos

Asesorías xeraisAsesorías de Tecnoloxía

da Comunicación

e da Información

A Coruña

-Sección de BetanzosBlanco Rivera, José Manuel

Santiago de CompostelaRouco Ferreiro, Javier Francisco

Sáenz de Urturi Argómaniz, Jesús J.

-Sección de MelidePacín Fernández, María Carmen

-Sección da Pobra do

Caramiñal

Barca Fernández, Miguel

Ángel

Lugo

-Sección de Monforte de LemosNaveira Souto, Álvaro

Ourense

-Sección de VerínAlvar Afonso, Isabel

PontevedraLópez Penas, José Luis

-Sección da EstradaCosta Carneiro, Manuel

-Sección de Vilagarcía de ArousaÁlvarez Fernández, Roberto

VigoArias Rodríguez, LourdesRodríguez Planes, Emilio

ANEXO I

Vacantes de asesores e/ou asesoras dos Centros de

Formación e Recursos e das súas seccións

Centro de Formación

e Recursos

Asesorías xeraisAsesorías de Tecnoloxía

da Comunicación

e da Información

A Coruña

-Sección de Cee11

Pontevedra1

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL