Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.323

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de agosto de 2002 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado.

Por Orde do 15 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril) convocábase concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no punto 1 do artigo 6º da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

1. Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, ós funcionarios e funcionarias docentes que se relacionan no anexo I desta orde.

2. Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 11, punto 2º, da orde de convocatoria.

3. Declarar vacantes as prazas que figuran no anexo II.

4. Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2002.

5. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado

Concursante seleccionadoAsesoría adxudicada

Lizancos Mora, LauraDebuxo e educación plástica e visual

ANEXO II

Vacantes de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado

Asesoría deNº prazas

Filosofía1

Matemáticas1

Tecnoloxía1