Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/278-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Figueiras-San Miguel de Oia.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V. de 464 m de lonxitude, desde un apoio s/n da L.M.T. B.A.L. 702, entre os CC.TT. S. Miguel de Oia e Estomada-Estea, rematando no C.T. que se proxecta en Figueiras-S. Miguel

de Oia, no concello de Vigo, de 160 kVA, R/T 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 272 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. que se proxecta. R.B.T. aérea, de 350 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o apoio onde se instala o paso aéreo-subterráneo da R.B.T.S.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra