Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e c. distribución pol. A Granxa, parcela 59-60.
Situación: concello do Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 26 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. A.T.I. 702, entre os CC.TT. Dalphi Metal e Talleres Cobi ata a parcela 59-60 do polígono A Granxa, no concello do Porriño, rematando no punto de inicio da liña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 29 de xullo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra