Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/275-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento liñas por nova situación da sub. Carolinas.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., con orixe na subestación Carolinas e final en: 1. L.M.T.S. rúa Nova-Friáns (790 m), 2. L.M.T.S. Porto-Vilaxoán (790 m), 3. L.M.T.S. dr. Tourón (672 m), 4. L.M.T.S. Caldas (790 m), 5. L.M.T.S. Carril II (520 m), 6. L.M.T.S. Larsa (790 m), 7. L.M.T.S. Catoira I-Carril (520 m), 8. L.M.T.S. Carril (520 m), 9. L.M.T.S. Riavella (790 m) e 10. L.M.T.S. Catoira II-Devesa (520 m). Concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra