Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Museo do Mar-Atlántida 160.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 730 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. BAL 7.18 á altura do cruzamento da avda. Atlántida coas rúas Viña Grande e Santa Baia, alimentando en bucle o centro de seccionamento que se proxecta chamado Museo do Mar, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con 3 liñas de manobra exterior.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de xullo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra