Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/280-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Dobreixa.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15/20 kV, de 18 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio da L.M.T. por 702-Cruces ata o apoio HVH-1600/13 desde onde continúa con conductor forrado, tipo PAS-50 en 53 m de lonxitude, ata a

liña subterránea que se proxecta. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 658 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o final da L.M.T. aérea forrada ata o C.T. que se proxecta en Dobreixa, no concello de Vila de Cruces. C.T. de 160 kVA, R.T. 15 kV-380-220 V. R.B.T., subterránea, de 31 m de lonxitude con conductor R.V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Pontevedra, 24 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº IN407A 2002/280-4. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Dobreixa.Termo municipal: Vila de Cruces.

ApoioVoo

Nº predioParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

9As BarreirasLabradíoSecundina Soto VizRegueira-Bascuas

36580-Vila de Cruces

3178390

10As BarreirasPradoSecundina Soto VizRegueira-Bascuas

36580-Vila de Cruces

4141205

12As BarreirasMonte altoAlfonso Soto VizRegueira-Bascuas

36580-Vila de Cruces

1890

13As FontelasMonte altoSecundina Soto VizRegueira-Bascuas

36580-Vila de Cruces

5,64158790