Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.276

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (35/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos número 35/2002, seguidos pola instancia de Luis Enrique Roca Ramil contra Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 17-7-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que aceptando a demanda interposta por Luis Enrique Roca Ramil e José Mario Prieto López, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-las cantidades de 3.604,84 euros e 3.514,22 euros, respectivamente, polos conceptos que se expresan no feito probado segundo e terceiro desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ós demandantes Luis Enrique Roca Ramil e José Mario Prieto López as cantidades de 3.604,84 euros e 3.514,22 euros, respectivamente, polo concepto de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, designando o letrado que deberá de interpoñelo, sendo posible o anuncio pola simple manifestación daquela ó ser notificada, e que, se é o caso, será resolvido, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na praza da Palloza, 2-1º dta., A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e

co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 17 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado