Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.276

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (20/2002-E).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión.

Fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado de xuízo verbal número 20/2002, seguidos por instancia de Sara Álvarez Fernández, contra Perfecto Toba Lago, Jesús Toba Lago, Manuel Toba Lago e Manuela Toba Lago consta dictada a sentencia, que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«En Corcubión o vinteoito de xuño de dous mil dous.

Francisco Javier Collazo Lugo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta localidade, dictou sentencia no xuízo verbal número 20/2002, sobre acción declarativa da propiedade, seguido por instancia de Sara Álvarez Fernández, representada polo procurador Juan Manuel Leis Rial e asistida polo letrado Paulino Pérez Riveiro contra Perfecto Toba Lago, Jesús Toba Lago, Manuel Toba Lago e Manuela Toba Lago, todos os cales permaneceron en situación procesual de rebeldía.

Decido: debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta polo procurador Juan Manuel Leis Rial, en representación de Sara Álvarez Fernández, sen que haxa lugar a declara-lo solicitado e absolvendo os demandados. Todo iso con imposición das custas á parte demandante.

Notifíqueselle a presente sentencia ás partes coa mención expresa de que esta é susceptible de recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de A Coruña, a preparar por escrito, ante este xulgado, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo e asínoo».

Asinado».

E para que sirva a presente cédula de notificación en legal forma a Perfecto Toba Lago, Jesús Toba Lago, Manuel Toba Lago e Manuela Toba Lago, en

situación de rebeldía procesual; expido e asino o presente edicto en Corcubión, tres de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado