Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.275

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 30 de agosto de 2002 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun cargo directivo pertencente á estructura organizativa do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

Convocada, pola Orde do 31 de xullo de 2002 (DOG nº 153, do 9 de agosto), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na estructura organizativa do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na estructura organizativa do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias, anunciada pola Orde do 31 de xullo de 2002 (DOG nº 153, do 9 de agosto).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Carrera Machado, Homero Indalecio.

DNI: 35556678.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefe de área de Asistencia, Formación e Investigación.

Dependencia: Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN