Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (114/2002).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos seguidos neste xulgado co número de execución 114/2002, por instancia de María Teresa Paz Santos, contra a executada Fogar Gas, S.L., sobre despedimento, dictouse nesta data auto que ten como parte dispositiva o teor literal seguinte:

«En virtude de acta de comparecencia do día de hoxe acórdase suspende-la realización por non consta-la citación acordada á empresa Fogar Gas, S.L., acordando a súa citación para o día nove de outubro ás once horas, advertíndolle á parte demandante que, de non comparecer ela ou a persoa que o represente, terase por desistida a súa solicitude e a Fogar Gas, S.L., que, se non comparece, se realizará o acto sen a súa presencia. Advírteselle ás partes que serán examinadas polo xuíz sobre os feitos da non readmisión irregular, podéndose achega-las probas que poidan practicarse no acto».

Y para que sirva de notificación en forma á empresa executada Fogar Gas, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido e así mesmo, para que teña lugar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, baixo a advertencia de que as seguintes notificacións se lle farán nos estrados deste xulgado (artigo 59 LPL), expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintedous de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado