Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da unidade reparcelable entre as rúas Quintela e Ramón Busch (expediente 7365/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 24 de xuño de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade reparcelable situada entre as rúas Quintela e Ramón Busch, redactado polos servicios técnicos municipais da Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo, con data do 20 de decembro de 2001 (expediente 7365/411).

Segundo.-Publíquese este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, notifíqueselles individualmente ós propietarios do ámbito, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e procédase ás comunicacións e traslados previstos no artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 15 de xullo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo