Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior de Conxo de Arriba número 2 (PERI-2).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 30 de maio de 2002, aprobou definitivamente o Plan especial de reforma interior de Conxo de Arriba número 2 (PERI-2), promovido polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP nº 192, o día 22 de agosto de 2002, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo