O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:
Obxecto: Urbanización de Fonte Locaia, en Santa Cristina-Perillo (Oleiros).
Orzamento de licitación: 88.538,25 A.
Clasificación: non se require.
Fianzas:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Taxas do contrato: 65,43 euros.
Prazo de execución: tres meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 16 de agosto de 2002.
Esther Pita Pita
Alcaldesa