Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: póliza de seguros de vehículos e maquinaria da deputación provincial.

3. Orzamento (IVE incluído): 39.065,79 euros.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: 15 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 171, do 27 de xullo de 2002.

Lugo, 19 de agosto de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco Javier Jiménez Miralles

Secretario en funcións