Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 26 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-C-54/02 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a resolución do expediente nº 15-C-54/02 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación da presente resolución,

tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os día un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-C-54/02.

Denunciado: S.C. San Lázaro.

Enderezo: avda. San Lázaro Sunp-6, 15703 Santiago de Compostela.

Sanción e motivos: 601,01 euros (seiscentos un euros con un céntimo), por incumprimento das normas de información na venda de vivendas e non ter follas de reclamación nin cartel anunciador destas.

Data de resolución: 16-7-2002.

A Coruña, 26 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña