Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 11/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 11/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: explotación do servicio de cafetería-comedor no Hospital Xeral de Lugo (lote nº 1), explotación do servicio de cafetería-comedor no Hospital de Calde (lote nº 2), e a instalación de máquinas expendedoras de bebidas frías, quentes e productos sólidos, nos hospitais Xeral-Calde e Provincial (lote nº 3).

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 85, do 3 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Adxudicación.

a) Data: 4 de xullo de 2002.

b) Contratista:

Lote nº 1. O Roxelo Sociedad Cooperativa.

Lote nº 2. Lonei, S.L.

Lote nº 3. José Antonio Freire Blanco (Vendig Pepe).

Lugo, 29 de xullo de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo