Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial relativo a un aproveitamento hidroeléctrico outorgado a Eléctrica de Touro, S.L. no río Lañas, concello de Touro. (Clave: 5/244/45).

O 29 de novembro de 2001 o Consello da Xunta acordou aprobar definitivamente como plan sectorial

de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Concas de Galicia Costa que fora declarado, por acordo do 10 de maio de 2001, de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

A Sociedade Eléctrica de Touro, S.L. presentou para a súa tramitación e en desenvolvemento do Plan Sectorial Hidroeléctrico das Concas de Galicia Costa un proxecto sectorial relativo ó aproveitamento hidroeléctrico no río Lañas outorgado ó seu favor mediante resolución de Augas de Galicia do 24 de setembro de 1998.

Así pois, de conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto nos artigos 25.3º da mencionada Lei 10/1995 e 13.2º do Decreto 80/2000, sométese a información pública o referido proxecto sectorial co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo citado proxecto, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Vigo, 2, 15701 Santiago de Compostela) podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última das publicacións da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente do ente público Augas de Galicia