Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 2 de agosto de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas de pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000880-1 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000880-1.

Denunciado: María de Fátima de Sousa.

DNI: 812544-T.

Enderezo: San Martín, 38 Tarrío-Sésamo, Culleredo.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000801-1.

Denunciado: Juan Francisco Vázquez Naya.

DNI: 32755717-Z.

Enderezo: Rúa dos Muíños, bl. 2-P1-4º E Vilaboa, Culleredo.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000885-1.

Denunciado: Gonzalo Romero Borja.

DNI: 41315442-J.

Enderezo: Chabola, nº 1 Ponte Pasaxe, A Coruña.

A Coruña, 2 de agosto de 2002.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora