Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras de reforma da sala de caldeiras e instalación de gas na residencia da terceira idade de Caranza (Ferrol).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: reforma da sala de caldeiras e instalación de gas na residencia da terceira idade de Caranza.

c) Prazo de execución: 77 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e público.

4. Orzamento base licitación: 146.231,58 euros (IVE incluído)

5. Garantías: provisional, 2.942,63 euros.

6. Clasificación do contratista: grupo J, subgrupo 4, categoría d.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

10. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas da secretaría xeral.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

11. Gastos de anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais