Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de mobiliario para esta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: nº 29.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición da subministración consistente en mobiliario para a Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) División por lotes e número: 7 lotes.

c) Lugar de entrega: na r/ Concepción Arenal nº 8-2ª planta de Vigo.

d) Prazo de entrega: 25 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 136.407 A (cento trinta e seis mil catrocentos sete euros).

5. Garantía provisional: non existe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra en Vigo.

b) Domicilio: r/ Concepción Arenal nº 8-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 76 31 y 986 81 72 13.

e) Telefax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra (no rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia).

2ª Domicilio: r/ Concepción Arenal nº 8.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de presentación das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Domicilio: r/ Concepción Arenal nº 8-2ª planta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día contado desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: ás 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 19 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra