Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.196

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (195/1998).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, dou fe e certifico que nos presentes autos se dictou a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña o 9 de xaneiro de 2002.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos pola Caixa de Aforros de Madrid, representado polo procurador Víctor López Rioboo y Batanero e dirixido polo letrado José Freire Amador, contra Francisca Julia Quintana Almeida, Antonio de la Iglesia Soriano e Construcciones Antonio de la Iglesia, S.L., representado polo procurador Ramón de Uña Piñeiro e defendido por letrado, en rebeldía o resto dos demandados: Itagal, S.L., José Pose García e Carmen García Soutillo.

Decido que, desestimando a oposición á demanda deducida nestes autos de xuízo executivo que interpuxo a executante Caixa de Aforros de Madrid contra Italgal, S.L., Francisca Julia Quintana Almeida, Antonio de la Iglesia Soriano, José Manuel Pose García, María del Carmen García Soutillo e Construcciones Antonio de la Iglesia, S.L., mando seguir adiante a execución ata facer remate dos bens embargados ós referidos demandados, para co seu importe facer enteiro e cumprido pagamento ó demandante da suma de 13.298.989 pesetas máis os xuros pactados desde a data de peche da conta (26-11-1997) ata o completo pagamento e custas do procedemento nas que expresamente se condenan os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da Lac, cabe recurso de apelación que se preparará perante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos».

E para que conste e se insira no DOG, expido e asino esta cédula na Coruña o 2 de xullo de 2002.

Publicación: a anterior sentencia foi dada, lida e publicada por Javier San Claudio Piñón, que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Rubricado