Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.179

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 30 de xullo de 2002 para a convocatoria de tres prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

a) Posto: xefe/a de oficina. Oficina de Turismo de Madrid. Ref.: XE-MAD.

1. Funcións principais: responsabilizarse da organización do traballo da oficina, do control de existencias de material de información turística e apoia-lo labor de promoción levado a cabo desde

Turgalicia, así como realizar un labor de comercialización dos productos turísticos e recursos da nosa Comunidade Autónoma.

2. Prazas: 1, xornada completa.

3. Requisitos:

-TEAT, diplomado universitario ou equivalente.

-Coñecementos do idioma galego.

-Dominio, oral e escrito, do idioma inglés.

-Coñecemento dos recursos turísticos de Galicia.

-Dominio de Word'2000, Excel'2000 e Access'2000.

4. Valorarase:

-Coñecemento doutros idiomas.

-Currículum vitae.

-Experiencia profesional no sector turístico.

5. Probas que se van realizar:

-Exame, oral e escrito dos idiomas inglés e galego.

-Proba de informática (Word'2000, Excel'2000 e Access'2000).

-Exame de coñecementos dos recursos turísticos (anexo).

-Entrevista persoal.

b) Posto: operador/a de informática. Ref.: OPER-INF.

1. Funcións principais: tarefas de introducción de datos, escaneo e tratamento de imaxes e labores propios administrativos.

2. Prazas: 1, xornada completa.

3. Requisitos:

-FPII en informática ou equivalente.

-Dominio, falado e escrito, do idioma inglés e galego.

-Dominio de contorno Word'2000, Excel'2000 e Access'2000.

-Mecanografía: mínimo 200 pp.m.

4. Valorarase:

-Coñecemento doutros idiomas.

-Currículum vitae.

-Manexo de Photoshop.

5. Probas que se van realizar:

-Proba de mecanografía.

-Proba de coñecementos de contorno Windows, Word'2000, Excel'2000 e Acces'2000.

-Proba de coñecementos de Photoshop.

-Proba de coñecementos de inglés e galego.

-Entrevista persoal.

c) Posto: mozo de almacén. Ref.: MOZ-ALM.

1. Funcións principais: tarefas de preparación de envíos, almacenaxe editorial, labores propios de mantemento, control, e orde no almacén, incluíndo

labores de reparto de material, así como labores administrativos propios da actividade.

2. Prazas: 1, xornada completa.

3. Requisitos:

-Graduado escolar, FPI ou equivalente.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Carnet de conducir B1.

4. Valorarase:

-Experiencia en almacenaxe.

-Currículum vitae.

5. Probas que se van realizar:

-Proba de test psicotécnico.

-Proba de informática: Word'2000.

-Entrevista persoal.

d) Documentación que hai que presentar:

-Currículum vitae.

-Fotografía tamaño carnet.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación complementaria e/ou experiencia que se desexe xuntar para ser valorada, xunto co certificado de vida laboral.

e) Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes faranse chegar a Turgalicia, Área Económica e de Persoal. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas, publicará as listas previas de admitidos e excluídos no proceso de selección.

O mecanismo de selección de cada unha destas prazas consistirá na realización das probas especificadas no punto a.5., b.5 ou c.5, segundo corresponda, cunha puntuación máxima do 50% sobre o total posible, valoración de méritos cunha puntuación máxima do 40% e unha entrevista persoal cunha puntuación máxima do 10%.

g) Elaboración de listas para a cobertura de prazas temporais:

A lista de cada praza convocada, ordenada pola suma das puntuacións de cada un dos exercicios superados polos candidatos, con todos aqueles que aprobasen alomenos dúas das probas do proceso de selección correspondente, utilizarase para a cobertura de prazas temporais da mesma categoría, que

poidan ir xurdindo na sociedade, conforme o establecido no artigo 7.2º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Para a contratación de persoal laboral da lista mencionada no parágrafo anterior, Turgalicia instará o primeiro da lista, mediante telegrama, para que compareza nas súas dependencias, e, se é o caso, acepte a praza ofertada. No caso de non presentarse, entenderase que renuncia a ela, procedéndose por parte da sociedade ó chamamento do seguinte da lista, decaendo, o candidato que renunciou á praza, en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste proceso.

Os candidatos que sexan chamados para unha contratación serán excluídos das listas durante o tempo de duración do contrato, e, unha vez finalizado este, pasarán a ocupa-lo mesmo lugar que tiñan na lista no caso de contratos de duración inferior a seis meses, e pasarán ó último lugar da lista no caso de contratos superiores a seis meses.

En tódolos contratos temporais superiores a seis meses establecerase un período de proba.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia

ANEXO

Temario: xefe/a oficina de turismo

1. Espacios naturais. Situación e características xerais.

2. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

3. Áreas naturais de interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques e lagoas. Principais accidentes xeográficos.

4. Costa norte e Rías Altas. Especial significación da Costa da Morte.

5. Arquitectura relixiosa en Galicia. As catedrais. Os mosteiros.

6. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

7. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

8. A gastronomía. Os viños. Principais aspectos da cociña e da viticultura de Galicia. Festas gastronómicas.

9. Diversificación e novas ofertas: termalismo, golf, turismo náutico, turismo rural, congresos, convencións, turismo activo e de natureza.

10. Rutas turísticas. Cidades e vilas históricas de Galicia. O Camiño Francés e outros tramos galegos do Camiño de Santiago.

11. Comercialización turística. Aspectos principais.