Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de xullo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, a resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal C-4-IV/75, conta 160.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

A dita resolución ordena o lanzamento de Carmen Iglesias Mosquera e outro da vivenda que ocupan, sita na rúa García Lorca, bloque 10, nº 12, 3º A, polígono de Vite, de Santiago de Compostela, outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desafiuzamento voluntario desta.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario nomeado para o efecto polo delegado provincial do IGVS, coa perceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con axulio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 19 de xullo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 51/99 (ocupación sen título).

Expedientada: Carmen Iglesias Mosquera e outro.

Último domicilio coñecido: rúa García Lorca, bloque 10, nº 12, 3º A, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Expte.: C-4-IV/75, conta 160.