Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A. con domicilio na Travesía de Vigo, número 204, 36207 Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h) e 18.3º.1.a) do

Decreto 70/1997, do 14 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril), esta dirección xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Cancelar por cambio de domicilio a inscrición no Rexistro da Acreditación de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Norcontrol, S.A. con domicilio na estrada de Valadares, 571, 36315 Valadares, Vigo (Pontevedra), e

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Norcontrol, S.A. con domicilio na Travesía de Vigo, nº 204, 36207, Vigo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF-área de control de formigón fresco co número 15033HF02.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Norcontrol inscrito co número 15050HA02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo