Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio CGI-8, S.A. e para o laboratorio con domicilio no polígono industrial San Cibrao das Viñas, rúa 6. Parcela-23. 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril), esta dirección xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concede-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción CGI-8, S.A. e para o laboratorio con domicilio no polígono industrial San Cibrao das Viñas, c/6. Parcela 23, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

HC-área de control de formigón en masa, de cemento, de áridos e de auga co número 15072HC02.

SE-área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15073SE02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo