Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servicio que ten por obxecto a prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola Escola Galega de Administración Pública.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) N.º de expediente: 2002/50/195.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola EGAP.

b) Data de publicación do anuncio no DOG: 26 de xuño de 2002 (DOG nº 122).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O importe do orzamento máximo autorizado para a contratación foi de 270.000 euros.

O prezo do contrato estableceuse en función dos prezos/hora máximos seguintes:

Nivel 1: 20,89 euros.

Nivel 2: 17,21 euros.

Nivel 3.1: 14,53 euros.

Nivel 3.2: 14,53 euros.

Nivel 3.3: 13,53 euros.

Nivel 4: 11,31 euros.

Nivel 5: 10,82 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de xullo de 2002.

b) Contratista: Grupo Clave Consultores, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: establécese en función dos prezos/hora máximos seguintes:

Nivel 1: 18,85 euros.

Nivel 2: 17,21 euros.

Nivel 3.1: 14,40 euros.

Nivel 3.2: 14,45 euros.

Nivel 3.3: 13,45 euros.

Nivel 4: 11,31 euros.

Nivel 5: 10,82 euros.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Domigo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública