Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 17 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-35/02 RE, por infracción da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notificaselle ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Noméase instructora do expediente a Rita Sarria Hermida-Cachalvite, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achegaren as alegacións, os documentos e as informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se for o caso, faceren proposta de proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegacións no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 17 de xullo de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-35/02 RE.

Denunciado: Salvador Arnau Figueras.

DNI: 37635324-X.

Último domicilio coñecido: Santa Paula, nº 20, Granada.

Feito denunciado: queima de pneumáticos.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 150,25 euros.

Instructora: Rita Sarria Hermida-Cachalvite.