Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 31 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se fai público o requirimento correspondente ó expediente administrativo FM 301K 2001/126-3.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación do requirimento de documentación do expediente administrativo conforme o establecido no artigo 5.7º da Orde do 16 de novembro de 2000, pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio do ano 2001 (DOG nº 228, do 24 de novembro) no domicilio sinalado polo interesado que a continuación se relaciona, publícase:

Expediente: FM 301K 2001/126-3.

Orde da convocatoria: 16 de novembro de 2000 (DOG nº 228, do 24 de novembro).

Interesado: Traballos Forestais Arlequín, S.L.

Enderezo: lg. Nogueiro, s/n, 32820 Cartelle (Ourense).

Asunto: requirimento da seguinte documentación no prazo de 10 días hábiles:

-Disquette no que se relacione a ficha SIFO de finalización (co resultado correctamente cuberto e a data de baixa), o parte de asistencias mecanizado do mes de agosto e a solicitude de diplomas. A enti

dade deberá ter en conta que o alumno Luis Calvo López non debería inicia-lo curso na data indicada, xa que ata o 22-6-2001 se atopaba de baixa no Servicio Galego de Colocación por estar traballando.

-Certificado de empadroamento de Benito Casares Mouriño (no caso de que non se presente, ou no caso de non ter dereito a presente axuda farase a correspondente reducción do módulo C).

-Solicitude de liquidación final (anexo 11).

-Certificación de gastos por módulos (anexo 12).

-Relación de nóminas e facturas (anexo 13). Neste sentido recordámoslle que deben xuntar copia compulsada de tódalas facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de tódolos gastos imputables ó curso.

-Certificados de Facenda de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias.

-Certificado de Tesourería da Seguridade Social de estar ó corrente das súas obrigas sociais.

-Certificado da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia de non ter ningunha débeda contraída coa Comunidade Autónoma por ningún concepto.

Os certificados indicados anteriormente caducarán ós 6 meses da súa data de expedición.

-Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Nóminas pendentes dos alumnos perceptores de axudas (anexo 9).

-Contratos de traballo de polo menos o 60% dos alumnos que iniciaron o curso, por un período mínimo de seis meses a tempo completo.

- Diplomas dos alumnos que remataron o curso con resultado 3 ou 6, correctamente cubertos en galego normativo.

Comunícaselle que, de non enviarnos a documentación requirida transcorrido o prazo citado procederase ó inicio do procedemento de reintegro de subvencións, regulado no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, por incumprimento da obriga de xustificación e das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarias con motivo da concesión da subvención ou axuda pública, tal como establece o artigo 78.9º a) e d) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Os correspondentes expedientes atópanse no Servicio de Xestión Administrativa da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

José Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación