Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 24 de xullo de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes do cuarteirón D2-D3-F4 e, concretamente, do soar con fachada a dúas rúas, sito na vía D2-D3 esq. Nova Vía-Baralla, solicitado por Carlos Neira Piélago.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, pódese interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Baralla, 31 de xullo de 2002.

Manuel J. González Capón

Alcalde