Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Viernes, 30 de agosto de 2002 Pág. 12.940

V. ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA

JUZGADO DE PRIMERA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (55/2002).

María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira.

Dou fe e testemuño, que no xuízo de faltas número 55/2002 se dictou a presente sentencia, a cal no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Ribeira, dez de xullo de dous mil dous.

Vistos por min, Beatriz Martínez Vega, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Ribeira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas número 55/2002, por falta de danos contra Francisco Vidal Rodríguez, titular do DNI número 52937474; sendo denunciante Sergio Fernández Romero, titular do DNI número 76965220; e intervindo como parte acusadora o Ministerio Fiscal.

Decido que, en atención ó exposto, debo absolver e absolvo a Francisco Vidal González, da falta de danos da que viña sendo acusado; declarándose, así mesmo, as custas de oficio.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes e fagáselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que deberá presentarse ante este xulgado, e no que, redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións nas que se basea a impugnación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Sergio Fernández Romero, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Ribeira o doce de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado